• Rutas Varias

Durante todo o ano, son numerosas as rutas organizadas pola directiva ou calquera dos seus socios. Aparte das habituais para acudir as diferentes concentracións moteiras, son habituais rutas a Portugal (Esposende, Chaves, Ponte de Lima,…), Castela León (Balboa) e Asturias (Taramundi).

  • Día do Socio

Unha vez ao ano, no mes de novembro, celebramos o Día do Socio, no que despois de realizar unha pequena ruta pola bisbarra (Deza), degustamos un xantar a base do tradicional e recoñecido Cocido de Lalín.

  • Papanoelada

De caracter solidario, durante as festas do nadal organizamos unha Papanoelada moteira para recadar alimentos para as familias máis necesitadas. Cada ano súmanse máis moteiros e moteiras a esta iniciativa (tanto soci@s como no soci@s) que percorren varias rúas da localidade de Lalín (Pontevedra), facendo parada nalgún punto con afluencia navideña.

  • Despedida do ano

En colaboración cos amig@s de Moteiros do Deza (Concello de Silleda), desde o ano 2021, todos os 31 de decembro organizase unha ruta para despedir o ano con visita ao Monte Lobeira (Concello de Vilanova de Arousa) e ao monumento do Ánxo motero (Concello de Poio). No falta o brindis cos mellores desexos.